domingo, 19 de marzo de 2017

LEARN ENGLISH SCHOLARSHIP PROGRAM: FOR ESO AND BACH STUDENTS

RECORDADE                              REMEMBER                                     RECUERDA
O prazo para a presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ata o 27 de marzo (incluído)

Convocadas as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva



Nesta orden se establecen as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2017.

Cada beneficiarion deberá facer un importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados nunha táboa que se pode consultar no DOGA  e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar.

 O custo total de cada actividade inclúe:
  1.  Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade. 
  2.  Os gastos de docencia e o material escolar. 
  3. As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos. 
  4. Os gastos de mantenza e aloxamento. 
  5. O certificado de realización da actividade.
  6. O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Quen as pode pedir? 
1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
  •  Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16. 
  • Ter acadado no curso 2015/16 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de14 anos que non dispoña de documento de identidade farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

 2. As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como presentar as solicitudes? 
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. 

Cal é a documentación necesaria? 
  •  Certificación de matrícula do curso 2016/17.
  • Certificación académica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano académico 2015/16 e da nota media obtida. 
  • Fotocopia do DNI ou do NIE do/a solicitante e da nai, do pai ou do titor ou titora, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Autorización do pai, da nai ou do titor ou titora para coñecer os ingresos totais da unidade familiar a certificación expedida pola Axencia Tributaria.
  • Fotocopia do libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar


Para consultar máis e facela solicitude: 


Boa sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario